jueves, 22 de diciembre de 2011

O estudio espera.

O Estudio de Tomás Ageitos, en Bertamiráns espera a chegada dos músicos para rexistar a música do proxecto.

Mirade o aspecto, é perfecto para neste traballo. A Situación, o equipamento, a sala... e o Tomás.












2ª Ensaio coa ELMPG xa soan os temas!!!!!

As Fotografias, cómo non: de Juan Luis Rúa.

O Ensaio foi na Casa Común dos Tilos, en Teo o 18 de Decembro de 2011.














































jueves, 15 de diciembre de 2011

Fin do Crowdfunding ( pero qué palabra ... )

Fin da campaña de microfinanciación:

O noso agradecemento máis sincero aos máis de 300 mecenas.
A todos, e un saudo cariñoso ao equipo de Verkami, porsuposto.

máis de 600 CD´s comprometidos,
unhas 400 invitacións para concertos de presentación,
24 Kilos de Percebes,
3 concertos a domicilio,
3 festas das que recuperarse,
11 temas para grabar,
30 músicos participantes,
centos de horas de ensaio,
horas e horas de estudio,
kilometros e kilómetros de carretera,
+ de 5 meses de traballo intenso.

Alguén de verdade cree que os 9.775 € conseguidos dan para 2 C.D.´s ?

Un Saudiño a todos!!

domingo, 4 de diciembre de 2011

Serxio Cés, ¿nos Premios Goya 2012?

O Corto Documental Percebeiros (Sea Bites) completo:

Percebeiros (Sea Bites) 1920x1080 from enpiedeguerra on Vimeo.



SEA BITES, (Percebeiros) dirixido por David Berlain, entre os 10 cortos documentais dos que se elexirán os nominados para os Premios Goya 2012 nesta categoría. A Música, de Anxo Pintos e tamén canta Serxio Ces. O son de Suso Ramallo.

Participan:

-En Pie de Guerra.
-Once Upon a Time Films.
-El Viento Producciones.
-Contramedia Films.
-Audiomatas.
-Camara Aerea Helifilm.


Making off:

martes, 22 de noviembre de 2011

martes, 15 de noviembre de 2011

O Encontro de Os Cempés coa ELMPG

Xa nos sentimos, nos ollamos e nos escoitamos. Encontro e celebración.

Agora a traballar... disfrutando!

As Fotos son de Juan Luis Rúa:






































martes, 8 de noviembre de 2011

Obxectivo conseguido!!!


Xa chegamos ao obxectivo, en adiante todo será facilitar o traballo e sumar ainda máis corazóns e ilusións ao proxecto!

Gracias a todos e a todas!!!!

Bikos e Apertax !!!!

O Debuxo é de Leandro Lamas.
(Feito para O Espectáculo Musical/Circense
Circo MonteCuruto)


domingo, 6 de noviembre de 2011

O que pensa algún mecenas de este proxecto.

Esta é unha entrada ao blog do proxecto en Verkami.com, so usuarios rexistrados teñen acceso, pareceunos interesante publicala aquí, (sempre coa autorización da Autora)

6 de Outobro. 3 dias despois de comenzar a campaña.

... Só unha cousa me podía facer máis ilusión que ...Os Cempés volvesen aos escenarios: que viñesen a darnos un concerto aquí mismiño, na nosa casa. Por eso cando nos comentaron deste método de financiamento do que será o seu novo disco, non o dudei nin un minuto: a polos 1200!

Certamente non resultou moi complicado reunir pronto un bo grupo de persoas, pois decindo as palabras "concerto de Os Cempés" e "percebada" na mesma frase, convences a calquera. E se todo esto o aderezas cun pouco de churrasco, algún que outro postre caseiro... non vos quero contar!

E así, entre familia e amigas e amigos cercanos enseguida nos xuntamos un número interesante, e entre uns e outros... fumos traendo máis festeiros. Establecemos unha cantidade mínima, deixando aberta a opción de que cada quen aportase o que considerase dentro das súas posibilidades, e así, tan só tres días despois de iniciarse a campaña en Verkami, xa fixemos a nosa aportación!!

Agora só queda agardar a que chegue o día: xuntanza de amigos, música dos Cempés en directo... que máis se pode pedir!! E todo esto sabendo que, ademais, estaremos colaborando co noso grupo favorito!!!

jueves, 3 de noviembre de 2011

Faite mecenas do novo CD de Os Cempés.

Vota pola Música,
Faite mecenas do novo CD de Os Cempés e A Escola Livre da MPG


Aquí:
http://www.verkami.com/projects/961



Estas son as recompensas ás que podes optar según a túa aportación:

  • Aparecerás nos créditos do CD como mecenas

  • 1 CD (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas

  • 2 CD (envío a domicilio) + Acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 1 invitación para un concerto de presentación

  • 3 CD (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 2 invitacións para un concerto de presentación

  • 5 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 4 invitacións para un concerto de presentación

  • Maximo 50 RECOMPENSAS

    10 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 7 invitacións un concerto de presentación .

  • Máximo 20 RECOMPENSAS

    20 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 15 invitacións a un concerto de presentación .

  • Máximo 2 RECOMPENSAS

    20 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 20 invitacións para un concerto de presentación + 5 quilos de percebes de Cedeira capturados por Serxio Ces (membro de Os Cempés) (envío a calquera parte do mundo)

  • Máximo 3 RECOMPENSAS (DE 3)

    30 CD ¡¡¡¡Asinados por Os Cempés!!! (envío a domicilio) + Terás acceso á versión dixital en MP3 en exclusiva antes da edición física do disco + Aparecerás nos créditos do CD como mecenas + 30 invitacións para o concerto de presentación + Poderás organizar unha festa/concerto acústico de Os Cempés a domicilio (en Galicia e cun máximo de 40 asistentes) + 8 quilos de percebes de Cedeira capturados e cociñados nesa mesma festa/concerto por Serxio Cés + Os asistentes a estas festas/concerto participarán na gravación dun videoclip promocional do grupo.



miércoles, 2 de noviembre de 2011

O Novo C.D. de Os Cempés e a ELMPG.



O Novo C.D. de Os Cempés a Escola Livre da MPG, e todos vós.:

Os Cempés estamos rematando de preparar un novo traballo discográfico que se empezará a grabar en Xaneiro de 2012. Ese ano cúmplense 20 do nosa primeira actuación nun concerto benéfico en Cedeira no ano 1992.

E para celebrar o aniversario, 10 novos temas e unha novidade importante:

Como invitados especiales para colaborar nesa gravación queremos contar con moitos dos alumnos e exalumnos da Escola Livre de MPG (aCentral folque).



Outra novidade é que tamén propoñemos aos seguidores de Os Cempés que nos axuden a financiar a gravación, que señan mecenas neste proxecto e así convertilo nunha creación colectiva.

Esa inversión non será de balde, o sistema elexido é o da microfinanciación , ou como se lle chama en inglés, “crowdfunding”, no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas, según as súas posibilidades e optan a diferentes recompensas.

En www.verkami.com podedes ver cómo funciona este sistema botando unha ollada aos proxectos propostos actualmente, proxectos que se conseguiron financiar e outros que non.

As recompensas por participar poden ser dende ter dereito a un C.D. e aparecer nos créditos do C.D. como mecenas, invitacións para o concerto de presentación do C.D. ata incluso ¡¡disfrutar dun concerto- festa con Os Cempés na vosa casa!!





A primeiros de novembro presentaremos o proxecto a través de www.verkami.com, faremos pública a cantidade que precisamos para levalo a término e empezarán a contar 40 dias.




Nese tempo si o obxetivo se consigue faráse efectiva a aportación de cada mecenas e a cousa non termina ahí, poderáse comprobar na páxina do proxecto a evolución do proceso de gravación e comunicarse cos promotores, (Os Cempés) para facer suxerencias, críticas e ir coñecendo os plazos nos que se fará a entrega das recompensas.

Si non se consigue, o C.D. ímolo facer tamén, , pero haberá que plantexar a financiación de outro xeito, e non poderiamos pagar os gastos xerados ata pasado polo menos un ano… todo máis dificil, e agotador.

A través de o facebook de Os Cempés ou Os Cempés Volven, www.folque.com e oscempes.blogspot.com e a partir de novembro en www.verkami.com iremos actualizando a información sobre este proxecto que quixeramos que fora o resultado de moitas aportacións, unhas pequenas outras máis grandes pero todas imprescindibles.